Cada vez quedan menos xornadas, pero nada se aclara na Terceira Autonómica. O Lira, que todo mundo daba por morto, encadena 7 vitorias seguidas e colócase a 6 puntos da Esteirana e a nove do Pindo e Vimianzo, pero no caso de gañar o xoves no partido aprazado a cousa pode pórse moi quente.
A Esteirana semella caer nunha espiral perigosa, pois pese a facer un bo encontro perdeu e ve como o Dumbría que gañou de forma moi apurada se coloca a tan só 3 puntos. Vimianzo e Pindo gañaron e agora comanda a clasificación igualados a puntos, aínda que o Vimianzo coa vantaxe de ter o golaverage particular gañado. Apaixonantes se presentan as últimas catro xornadas con enfrontamentos directos, o primeiro será o Dumbría B-Lira da vindeira xornada e que pode deixar a un dos dous fóra da loita polos postos de ascensos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario